Ourense, O Barco de Valdeorras e O Bolo acollerán durante este mes de xuño tres charlas sobre a lexislación vixente en materia de xestión da biomasa, permisos de queima, repoboacións forestais, cortas de madeira e cambios de uso do monte
Para este ano 2022 o Servizo de Montes de Ourense da Consellería do Medio Rural ten previsto desenvolver por distintas localidades da provincia 15 charlas informativas sobre os aspectos prácticos da normativa forestal e a súa aplicación por parte dos propietarios dos montes.
O obxectivo destas actividades é achegar á poboación do medio rural como lle afecta a normativa vixente en materia de montes e prevención de incendios forestais, centrándose nos procedementos máis habituais que a maioría dos habitantes de aldeas e pobos van a necesitar nalgún momento.
Así, no programa inclúense, entre outros, os seguintes temas:
– obrigas de xestión da biomasa para prevención de incendios
– usos do lume e permisos de queima
– actividades en terreos queimados
– repoboacións forestais
– aproveitamentos de madeira
– cambios de actividade
As tres primeiras charlas terán lugar durante este mes de xuño en Ourense, O Barco de Valdeorras e O Bolo:
As persoas interesadas poden preinscribirse no seguinte enlace e para máis información pode chamarse ao número de teléfono 988386706.
Estas accións están aprobadas dentro do plan de formación continua de AGACAL e organizadas polo Servizo provincial de Montes de Ourense en colaboración cos distritos forestais da provincia.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta