PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Xornada técnica para gandeiros sobre mellora da eficiencia e da sustentabilidade das granxas de leite

O próximo 27 de novembro celebrarase no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) unha xornada técnica sobre eficiencia e a sustentabilidade no sector do vacún de leite.

O evento, de carácter gratuíto, está dirixido a titulares e técnicos de gandarías de vacún de leite, e reunirá a expertos de renome tanto a nivel nacional como internacional. A xornada está organizada pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal) en colaboración con Animal Vit.

A inscrición previa é obrigatoria e o aforamento limitado, polo que se recomenda realizar a reserva canto antes para asegurar a praza.

PUBLICIDADE

A inscrición pode realizarse nesta ligazón. Código do seminario: TT2024F115015

XORNADA CIAM EFIENCIA GRANXAS LEITE
Ver todas as noticias de leite

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *