PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Xornada sobre restauración do equilibrio natural na apicultura

O Centro de Formación Rural (EFA-Fonteboa), en Coristanco (A Coruña), organiza para este martes, 17 de maio, unha xornada sobre “Restauración do equilibrio natural en abellarizas, establos, vivendas..etc”. O curso será impartido por Lolo Andrade, investigador e técnico en deseño de permacultura e a súa aplicación na apicultura. Así, abordará conceptos como as liñas Hartmann, as liñas curri, os puntos estrela, as correntes de auga…etc

O programa da xornada é o seguinte:

10.00 Recepción
10.30 Bioloxía oculta da abella e avespas
11.00 Análise do uso das enerxías naturais para o metabolismo da colmea
11.30 Café
12.00 Causas do desequilibrio na saúde das abellas e outros animais
12.30 Forestación para rexenerar a biodiversidade na contorna da abellariza, medio rural e cidade (Naturación)
13.30 Xantar
15.00 Rexeneración natural da saúde das abellas (Biodiversidade ecolóxica)
15.30 Uso da Radiostesia na apicultura
15.45 Localización dos campos enerxéticos terrestres (Liñas Hartman, liñas curri, puntos estrela, correntes de auga…) para o aproveitamento na produción apícola e outros animais. Influencia nas persoas
17.30 Remate

PUBLICIDADE

É importante levar roupa e calzado para camiñar. A inscrición pode realizarse chamando ao teléfono 981733 051. O prezo: 25€, a ingresar en ABanca. Oficina de Coristanco Nº Conta: ES91 2080 0071 20 3040001354 da Asociación EFA Fonteboa

Ver todas as noticias de apicultura

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *