Desenvolverase o 4 de decembro pola mañá en Ourense e abordará tanto a loita química tradicional como a produción integrada de cultivos
O Servizo de Explotacións Agrarias de Our
ense organiza o vindeiro 4 de decembro unha xornada de transferencia do coñecemento titulada: “Identificación e control de Pragas e Enfermidades en froiteiras”.
A xornada terá lugar o día 4 de decembro de 2019 no salón de actos da Xefatura Territorial de Medio Rural en Ourense, rúa Florentino Cuevillas, 4-6 baixo, en horario de mañá de 10 a 14 horas.
O relator das xornadas é João Calixto, enxeñeiro agrícola especializado en cultivos de froiteiras que actualmente desempeña esta función na empresa Hortoverin, S.L. Falará sobre a loita química tradicional e sobre a protección e produción integrada dos cultivos e de maneira concreta sobre cultivos específicos como mazá, cereixa, pequenos froitos e outras froiteiras.
Para inscribirse é necesario cubrir o seguinte formulario e envialo por correo electrónico a alipio.bermudez.couso@xunta.gal. Para máis información pode chamarse aos teléfonos 988386692 ou 988386684.


De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta