PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Xornada sobre a diversidade dos solos ligada ás prácticas tradicionais agrogandeiras

O CIAM organiza mañá sábado no Courel unha sesión sobre o manexo tradicional dos pastos e a conservación da biodiversidade

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Agacal-Ciam) organiza mañá sábado, día 26, unha xornada sobre a Diversidade Específica do solo ligada ás prácticas tradicionais agrogandeiras. A sesión celebrarase na Estación Científica do Courel (Lugo).

A xornada está dirixida a gandeiros e agricultores, asesores agroambientais, xestores da PAC, estudosos nos eidos agropecuario e ambiental así como a técnicos e representantes das Administracións Públicas e público interesado.

As solicitudes de inscrición deben enviarse a través deste formulario online.

PUBLICIDADE

Detallamos a continuación o programa da xornada:

10.00 – 10.15 horas: Apertura da xornada.
Juan Castro (coordinador da actividade).

10.15 – 10.45 horas: O manexo tradicional dos prados e a conservación da diversidade botánica. Protocolo de actuación.
Eva Martinez Veiga. Bióloga especializada na restauración e conservación de flora ameazada.
Iván Rodríguez Buján. Biólogo especializado na caracterización, conservación e xestión de flora.

10.45 – 11.45 horas: “Miñocas e outros anélidos nos solos do Courel: diversidade e avaliación”:
Rüdiger Schmelz. Doutor en bioloxía e investigador independiente.

PUBLICIDADE

11.45 – 12.15 horas: Pausa

12.15 – 13.45 horas: Práctica de laboratorio da mostraxe de miñocas e outros anélidos, como bioindicadores da calidade do solo.

13.45 – 14.00 horas: Peche da xornada

PUBLICIDADE

 

-TRÍPTICO DA XORNADA 

Ver todas as noticias de axenda

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *