PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Xornada informativa este venres en Castro sobre a normativa de puríns e o Plan do Sector Lácteo

1

A asociación de gandeiros e gandeiras Agromuralla organiza este venres, 11 de decembro, no salón de actos da Casa da Cultura de Castro Riberas de Lea (Castro de Rei) unha xornada informativa sobre o novo Decreto estatal sobre fertilización sostible, que afecta a cuestións fundamentais para as explotacións leiteiras, como por exemplo o abonado con xurro, e sobre as medidas incluídas na Estratexia da Xunta para o sector lácteo galego, que acaba de ser presentada.

A cita será ás 11:00 horas e comezará coa benvida ao asistentes do presidente de Agromuralla, Roberto López. A causa da pandemia sanitaria por mor do coronavirus, o aforo está limitado a 60 persoas.

O acto proseguirá cunha conferencia do director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural, José Balseiros, sobre “O decreto de nutrición sostible do solo: o purín”.

PUBLICIDADE

A continuación, ás 12:00 horas, intervirá o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade, que explicará a “Estratexia para o Sector Lácteo Galego: 2020/2025”.

Esta xornada informativa está organizada por Agromuralla en colaboración coa Fundación Juana de Vega e a Consellería do Medio Rural e forma parte da xira que o Goberno autonómico está levando a cabo por cooperativas e asociacións agrarias para falar destes temas. 

Ver todas as noticias de leite

Publicacións relacionadas

Unha resposta a “Xornada informativa este venres en Castro sobre a normativa de puríns e o Plan do Sector Lácteo”

  1. Marta di:

    Como se podria inscribir si aun quedan plazas.
    Gracias.
    Un saludo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *