PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Xornada formativa sobre a nova normativa agroforestal

A Oficina Agraria Comarcal (OAC) de Lugo organiza para o vindeiro día 14 de novembro unha Xornada Formativa sobre “Normativa agroforestal”. Celebrarase no salón de actos do edificio administrativo da Xunta en Lugo, en horario de 16 a 20 horas.

Os aspectos que se desenvolverán no curso son:
– Aspectos agroforestais da PAC
– Normativa básica de aplicación, especialmente nos montes veciñais en man común.
– Regulación na interfaz agroforestal
– Cambios de actividade
– Distancias das plantacións
– Obrigas dos propietarios na prevención de incendios forestais

A xornada está destinada ás persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do medio rural galego.

PUBLICIDADE

Para asistir é preciso presentar as solicitudes na OAC de Lugo ou no enderezo xbruna@xunta.gal

Descarga aquí a ficha de inscrición

Ver todas as noticias de axenda

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *