PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Xornada en Santiago sobre a sustentabilidade do envase alimentario

O próximo día 15 de outubro, Unión de Consumidores de Galicia en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia, o grupo Vegalsa- Eroski, Mercadona, Ecoembes, Ecovidrio e ConsumES, pon en marcha unha xornada sobre a sustentabilidade do envase alimentario.

Este evento, que se desenvolverá no edificio CINC da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, configúrase como un evento divulgativo no que representantes da administración, do sector da produción, consumo e reciclaxe do envase alimentario, exporán, desde a súa perspectiva, o reto europeo para fomentar un mellor uso e utilización dos recursos na cadea alimentaria, concretamente no envasado de alimentos e bebidas.

O rexistro para asistencia poderá realzarse na seguinte ligazón: https://es.surveymonkey.com/r/envases A inscrición ao evento é gratuíta e inclúe o xantar de traballo para os asistentes.

PUBLICIDADE

Velaquí o programa:

PROGRAMA XORNADA SUSTENTABILIDADE ENVASES ALIMENTARIOS XORNADA SUSTENTABILIDADE DO ENVASE ALIMENTARIO

Ver todas as noticias de agroalimentación

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *