PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Xornada de portas abertas este venres no Centro de Formación Agraria de Sergude

Os participantes recibirán información sobre o ciclo medio para adultos de Producción Agroecolóxica. A xornada celébrase en horario de tarde e inclúe un percorrido polas instalacións do centro

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Sergude, situado no lugar de Quián, en Boqueixón (A Coruña), acolle mañá unha xornada de portas abertas. A sesión será en horario de tarde e comezará ás 16.00 horas.

Na xornada ofrecerase información sobre o ciclo medio modular para adultos de Produción Agroecolóxica. Ademais, a través dun percorrido guiado, os participantes poderán coñecer a riqueza en biodiversidade e recursos naturais que hai no espazo natural de Sergude, que conta con zonas de pasteiros, horta ecolóxica, froiteiras, así como gandería de vacún de leite, ovellas e cabras galegas, así como porco celta, cabalo pura raza galega e apicultura ecolóxica.

A inscrición pode facerse no teléfono 647 60 85 85, aínda que non é imprescindible anotarse.

PUBLICIDADE

cartel Xornada portas abertas Sergude

Ver todas as noticias de axenda

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *