Xornada de formación sobre os aspectos prácticos da normativa forestal
Este curso terá lugar o vindeiro 8 de novembro no municipio de Baños de Molgas, e o próximo día 10 no concello de Barbadás. Ambos celebraranse en horario de tarde, de 17.00h a 21.00h
Campo Galego
Este curso pretende informar á poboación sobre os aspectos prácticos do eido forestal, como o das distancias a respetar.
O Servizo de Montes de Ourense organiza o curso ‘Aspectos prácticos da normativa forestal’ que terá lugar en dous municipios do Distrito XII. A primeira edición será o 8 de novembro en Baños de Molgas, na Aula Multiusos do Centro de Saúde -código do curso FC2022F132059-; a segunda celebrarase o 10 de novembro no Centro Empresarial Transfronterizo de Barbadás – código do curso FC2022F132058-. O horario de ambos será de 17.00h a 21.00h e a súa asistencia require de preinscrición.
O obxectivo destas actividades é “achegar a poboación do medio rural como lle afecta a normativa vixente en materia de montes e prevención de incendios forestais, centrándonos nos procedementos máis habituais que a maioría dos/as habitantes de aldeas e pobos van a necesitar nalgún momento”.
Desta maneira, entre os contidos do curso estarán as obrigas de xestión da biomasa para prevención de incendios; os usos do lume e permisos de queima; as actividades en terreos queimados; as repoboacións forestais, e os aproveitamentos de madeira. O encargado de impartir estas temáticas será o axente forestal Fernando Moure. Para máis información está habilitado o teléfono 988386706 e o correo electrónico maria.jose.alberte.rivera@xunta.gal.
Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso del sitio web y mejorar la experiencia de navegación de los usuarios. Más información en la Política de cookies
Funcionales
Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de habilitar el uso de un servicio específico solicitado explícitamente por el suscriptor o usuario, o con el único propósito de realizar la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para el propósito legítimo de almacenar preferencias que no han sido solicitadas por el suscriptor o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario con el fin de enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
Deixa unha resposta