PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Xalea, a nova aplicación informática para solicitar as axudas Leader en Galicia

A Xunta habilita Xalea, unha aplicación informática para simplificar os procesos de solicitude das axudas da medida leader para as anualidades de 2023 e 2024, que contan cun importe de 15,3 millóns de euros, e poden solicitarse até o 31 deste mes

A Xunta acaba de habilitar Xalea, unha nova aplicación informática configurada para a xestión integral de toda a tramitación das solicitudes de axuda a través da medida do Leader dunha forma sinxela. Pode accederse a ela a través dunha ligazón na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. Así mesmo, tamén se incorpora unha completa Guía de Axuda para facilitar o manexo desta ferramenta informática. Os interesados teñen de prazo ata o 31 de xaneiro para presentar as súas solicitudes.

Precisamente, esta nova ferramenta lánzase ao abeiro da última convocatoria, que se publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado 29 de decembro de 2022, cun orzamento de 15,3 millóns de euros para as anualidades 2023-2024. Trátase da sexta convocatoria deste tipo no que vai no período 2014-2020, prorrogado por dous anos. Estas axudas enmárcanse dentro da submedida 19.2 da medida Leader do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020.

Este orzamento está cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), nun 2,5% pola Administración Xeral do Estado e nun 22,5% pola Xunta de Galicia, as seis convocatorias deste período Leader supoñen unha axuda pública de 90,3 millóns de euros.

PUBLICIDADE

Así, esta orde de axudas busca mellorar as condicións para crear e manter emprego no medio rural e dotar de servizos á poboación destas zonas, favorecendo a mellora do seu nivel de vida e a inclusión social, entre outros aspectos. Tamén, pretende favorecer a ocupación sustentable do territorio, prestando atención especial aos colectivos máis desfavorecidos, como as mulleres, as persoas mozas, con discapacidade ou persoas maiores.

Ligazón onde poder acceder a Xalea:
https://agader.xunta.gal/gl/gdr/programa-leader/nova-convocatoria-leader/

Ver todas as noticias de desenvolvemento rural

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *