PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Webinar sobre diagnóstico de problemas no establo utilizando programas informáticos

Sala de muxido xiratoria automática instalada nunha explotación que moxe 500 vacas

Asociación Nacional de Especialistas en Medicina Bovina de España (ANEMBE)  organiza para o vindeiro mércores, 17 de febreiro, un webinar sobre “Diagnóstico de problemas en granxas utilizando programas informáticos”.

A formación impartirase ás 20:00 horas vía online por Aurora Villaroel, veterinaria especializada en epidemioloxía, formada en Estados Unidos, onde desenvolve a súa carreira profesional como consultora experta en vacún de leite.

O seminario terá unha duración de media hora, máis as preguntas e coloquio posterior. Este webinar axudará aos veterinarios clínicos a apreciar que tipo de información provista por sistemas automatizados pódese usar e cando, para sinalar posibles intervencións para mellorar a saúde do rabaño previndo problemas no futuro. Presentaranse exemplos reais para guiar aos asistentes a través de casos baseados en datos recompilados de sistemas automatizados como cantidade de leite, compoñentes do leite, condutividade do leite, actividade e tempo de descanso.

PUBLICIDADE

Para participar é necesario inscribirse nesta ligazón

Ver todas as noticias de leite

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *