O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra celebra os días 26 e 27 de maio, a Precata e Cata dos Viños da Ribeira Sacra. Para esta edición presentáronse un total de 84 viños pertencentes a 32 adegas: 27 viños tintos, 16 viños brancos e 41 doutras anadas. Con respecto á última cata, celebrada no 2019, preséntanse 20 viños máis, destacando o incremento na categoría doutras anadas que pasa de 16 a 41 mostras inscritas.
Estas son, precisamente, as tres categorías do certame: Viños Brancos, Viños Tintos e Viños doutras Anadas. Nas categorías de Brancos e Tintos establécense 3 premios: Medalla de Ouro, Medalla de Prata e Medalla de Bronce. Na categoría doutras Anadas establécense 2 Medallas de Ouro, ao superar as 14 mostras participantes.
Técnicos do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra recolleron 3 mostras ao azar de entre o stock das adegas. Este mércores, día 25 de maio, o notario procederá ao embolsado, precintado e numerado das botellas, que permanecerán convenientemente custodiadas ata a celebración da Cata.
Os viños cataranse por series, comezando polos Viños Brancos e terminando cos viños doutras Anadas. O número máximo de viños seleccionados que pasarán á Cata final será de 10 para a categoría de Viños Tintos e 6 para as categorías de Viños Brancos e Viños doutras Anadas,
O panel de cata desta XXVI edición intégrano:
Ramón García Bernárdez, Representante Asociación Galega de Enólogos
Mercedes González Rodríguez, Representante Vitislucus-Expertos Análise Sensorial e Enoturismo
Miguel Ángel Martín, Fundador portal Enocata.com. Colaborador en publicacións especializadas e programas de Radio. Xurado en concursos nacionais e internacionais. Vicepresidente da Asociación Española de Periodistas y Escritores del Vino (AEPEV).
Jorge Luis Mazaira Pérez, Director Técnico CRDO Valdeorras.
Antonio Manuel Magallhaes, Integrante do Panel de Cata da Denominación de Orixe da Rexión Demarcada do Douro. (Viño de Douro y Porto)
Alberto Levi, Asociación Italiana de Sumilleres
José María Martínez Alonso, Integrante do Comité de Partes do Consello Regulador.
Mª Eugenia Medina González, Integrante do Panel de Cata do Consello Regulador.
Maira Ratón Fernández, Integrante do Panel de Cata do Consello Regulador.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta