Nesta edición tratarán temas como a silvicultura de frondosas, a enerxía eólica, a contribución das mulleres rurais á economía ou a sustantibilidade das granxas familiares produtoras de leite
A Asociación Cultural Afonso Eanes organiza o vindeiro sábado 20 de novembro a VI Xornada do Rural ‘Pousa Antelo’. Nesta edición abordaranse temas como a silvicultura de frondosas, a enerxía eólica, a contribución das mulleres rurais á economía ou a sustantibilidade das granxas familiares produtoras de leite.
A xornada celebrarase no local social de Portor, en Negreira (A Coruña), e a entrada será de balde. Tamén haberá un xantar no restaurante San Lorenzo, en Ponte Maceira. O menú serán langostinos e ameixas, carne asada ou peixe, postre e café por un prezo de 16 euros para o público en xeral e de 10 euros para os socios do colectivo Afonso Eanes. A afiliación á asociación cultural poderá tramitarse no propio día.
As persoas interesadas en asistir ó xantar deberán anotarse antes do 17 de novembro enviando un email a afonsoeanes@gmail.com ou no teléfono 627 162 939.
A continuación detallamos o programa da xornada:
10.15 a 10.30 horas. Recepción dos asistentes e presentación da xornada.
10.30 a 11.15 horas. Silvicultura de frondosas. Monte demostrativo do Pico Sacro, por Jorge M. Bouzas Tomé, enxeñeiro de montes e técnico da Asociación Forestal de Galicia.
11.15 a 11.45 horas. Descanso para o café.
11.45 a 12.30 horas. Unha estratexia de proximidade para garantir os suministros e o desenvolvemento local, por Marcelino Fernández Mallo, economista e consultor.
12.30 a 13.30 horas. Eólicos, así non, impartida por Carme Varela Rodríguez, autónoma do ámbito da comunicación.
13.30 a 16.00 horas. Xantar
16.00 a 16.45 horas. A diversidade funcional no rural, por Marisol Bravos López, activista e mestra xubilada.
16.45 a 17.15 horas. Descanso para o café.
17.15 a 18.00 horas. As mulleres rurais en Galicia: a súa contribución á economía, por María Pilar Freire Esparís, profesora de Historia Económica na Universidade de Santiago de Compostela.
18.00 a 18.45 horas. Presentación do libro Procurando unha vida digna. Prezo xusto e sustentabilidade nas granxas familiares produtoras de leite en Galiza, de Bibiana Martínez Álvarez, doutora en Antropoloxía.
18.45 horas. Clausura da xornada
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta