PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Unha Rubia Galega de récord, vendida por 7.139 euros

O exemplar nas instalacións do mercado este martes. // Imaxe. Central Agropecuaria de Galicia.

A Central Agropecuaria de Galicia Abanca rexistrou este martes o maior prezo pagado por unha vaca neste mercado. Se ben o récord da categoría de vacún maior se sitúa nos 10.469 euros acadados por un boi de raza mestiza o 1 de marzo de 2022, en canto ás femias de vacún o maior prezo situábase ata hoxe nos 6.129 euros.

Foi unha vaca Rubia Galega a que elevou esta semana a cifra récord en Silleda para as vacas ó acadar un prezo de 7.139 euros. Trátase dun animal inscrita na IXP Vaca e Boi de Galicia, nacida o 15 de febreiro de 2013 e pertencente a unha gandería do Pino (A Coruña). O exemplar foi adquirido pola empresa portuguesa, Serragados Comércio de Gado.

Suba xeral dos prezos do gando vacún en Silleda

PUBLICIDADE

Ver todas as noticias de carne

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *