A firma Junwei fará envíos periódicos a China de arredor de 1.000 toneladas por medio de contedores marítimos. O destinario final é a empresa madeireira Cheng Ji Wood, adicada á produción de chapa, entre outras cuestións
O eucalipto de maiores diámetros está a protagonizar estes primeiros meses do ano o interese tanto da industria do papel como da madeireira. Se Ence anunciaba hai unhas semanas que primará a compra de plantacións que teñan alomenos un 10% de eucaliptos con diámetros maiores a 70 centímetros, estes días unha empresa hispano-china, Junwei SL, está a crear unha estrutura para exportar a China eucalipto de diámetros maiores a 60 centímetros.
A firma Junwei anuncia que comprará eucalipto con diámetros maiores a 60 centímetros e en toradas de 3,5 metros, permitíndose en cada árbore unha última torada dun mínimo de 2,85 metros. Un dos responsables da empresa, Florencio González, sinala que xa chegou a un preacordo cun madeireiro de Asturias, que actuará como empresa de servizos nesa comunidade, e busca tamén posibles firmas colaboradoras en Galicia.
O obxectivo de Junwei é suministrarse tanto a partir de empresas madeireiras da Cornisa Cantábrica como tamén de propietarios particulares, unha vez que teña unha estrutura suficiente. A firma sinala que está disposta a aboar “prezos lóxicos” e subliña que a competencia pola madeira será positiva para o mercado.
O destino final da madeira será a empresa madeireira china Cheng Ji Wood, adicada á produción de chapa, entre outras cuestións. Junwei prevé facer envíos periódicos a China de 10-30 contedores marítimos, que se poderán cargar en distintos portos marítimos. O envío mínimo previsto achégase ás 500 toneladas, podendo chegar a superar as 1.400 toneladas.
A firma Junwei deixa como correo electrónico de contacto o seguinte: fgsa050257@gmail.com.
—
Actualización: A estrutura para exportación creada pola firma Junwei leva o nome de Exportaciones Forestales Wang.
As accións de Ence na Bolsa caíron por riba dun 10% tras coñecerse que a prórroga que permitía manter a factoría de Ence en Lourizán (Pontevedra) está en cuestión. O Goberno decidiu retirarse da defensa da prórroga nos tres procedementos que están abertos na Audiencia Nacional. Eses procedementos pretenden que se declare nula a concesión concedida polo Goberno de Mariano Rajoy o 20 de xaneiro do 2016.
Ence, que critica a decisión do Goberno, considera en calquera caso que é “improbable” que o proceso remate co desmantelamento da factoría. De terse que facer efectivo o peche, a compañía lembra en nota de prensa que na planta traballan 400 persoas de xeito directo e hai outras 2.700 persoas que traballan de xeito indirecto para a factoría. A compañía, por último, destaca que a metade do sector forestal de Galicia depende da súa planta en Pontevedra, polo que considera que un posible peche desta planta tería un efecto en cadea no sector forestal.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta