PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Últimas cotizacións dos produtos lácteos: A manteiga e o leite en pó enteiro seguen á alza e manteñen os prezos no campo en Europa

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea publicou este xoves as cotizacións desta primeira semana de xullo dos produtos lácteos nos mercados internacionais. A destacar a suba a manteiga, que se está achegando ao seu récord histórico -uns 7,70 euros o kilo de mediados do 2022- que, xunto coa recuperación do prezo do leite en pó enteiro, axuda a manter os prezos do leite no campo, compensando a baixada do leite en po desnatado e do queixo. O prezo do leite spot en Italia rematou xuño con subas e e quedou nos 0,55 euros o litro.

PREZOS MMO XULLO 24 1

En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta primeira semana de xullo para os produtos lácteos son as seguintes:

-Manteiga: 636 €/100 kg, +1,1 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 240 €/100 kg, -2,3 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 385 €/100 kg, +1,9 % ,,
-Queixo cheddar: 385 € /100 kg -0,5% nas últimas catro semanas

PUBLICIDADE

En canto á poxa da cooperativa neozelandesa Fonterra, rexistrou esta semana unha forte baixada do 6,9%. Destacan os descensos da manteiga (10,2%, ata os 654 dólares), así como do leite en pó enteiro (-4.3%) e do queixo (-6.9%).

PREZO FONTERRA XULLO 24 1

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

 

Ver todas as noticias de leite

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *