PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Suba en vacún maior en Amio

A Mesa de Prezos de gando de abasto que se celebra semanalmente no mercado de Amio acordou unha suba do vacún maior en 5 céntimos, a excepción das canais S e E, que se manteñen sen cambios. En gando de recría e becerros de abasto non hai variación en relación á pasada semana. Tamén repiten cotizacións todas as categorías e calidades da Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega.

En gando de abasto, os vogais da Mesa de Prezos coincidiron en apreciar unha tendencia á alza nos prezos do gando de recría de raza Frisona, que probablemente se materialice nas cotizacións acordadas na próxima sesión. Percíbese unha baixada das importacións do gando de recría frisón procedente de Irlanda.

En canto á asistencia de animais ó mercado, houbo 2.181 reses na sesión de hoxe, 201 máis que a pasada semana. Entraron no recinto de Amioi 1.701 cabezas de vacún menor (300 máis que na sesión anterior), 230 de vacún mediano (26 menos) e 235 de vacún grande (81 menos).

PUBLICIDADE

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (25-IV-2018).

Ver todas as noticias de carne

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *