Blue Heron Plant BioDynamics pon ao dispor dos produtores unha serie de programas sostibles para a protección do viñedo ante enfermidades como o oídio, o mildio e a podremia gris

Na Península Ibérica atopámonos con varios dos problemas endémicos tradicionais do viñedo como son o oídio (Uncinula necator), o mildio (Plasmopara viticola) ou a podremia gris (Botrytis cinerea). En canto falamos da expansión e incidencia destas patoloxías, as condicións ambientais son fundamentais no desenvolvemento tanto do mildio como da botrite por este motivo a zona de influencia atlántica adoita ser a máis prexudicada e onde máis atención hai que prestar á aparición e desenvolvemento destas. Aínda que é certo que as variacións climáticas acontecidas nos últimos anos, están a propiciar unha maior incidencia en toda a península onde tradicionalmente se considerou un problema menor, pero que aparece de forma recorrente cada certo tempo.
Por outra banda, o oídio é unha enfermidade ben presente ano tras ano en practicamente todos os nosos viñedos, con requirimentos superiores de temperatura, pero que non precisa dunha precipitación abundante para a súa aparición e desenvolvemento.
Fronte á persistencia destes problemas fitopatolóxicos, preséntase unha nova realidade no sector da sanidade vexetal. Un período de transición dirixido polas institucións europeas a través da estratexia da Comisión “Da granxa á mesa” e que marca o horizonte de aquí a 2030: reducir ao 50% o uso de praguicidas químicos e aumentar a superficie agraria dedicada a produción ecolóxica ata un 25% do total de todas as terras agrícolas, entre outros obxectivos.
Este contexto socio-político, ao que se suma unha maior demanda dos mercados e consumidores de alimentos máis saudables, sostibles e sen residuos de fitosanitarios, pon de manifesto a necesidade de implementar solucións de garantía menos agresivas e máis sostibles, para lograr un control eficiente dos problemas causados por pragas e enfermidades, como o oídio e o mildio no caso do viñedo, que poden minguar considerablemente tanto a produción como a calidade da uva.
A bagaxe de máis dunha década de Blue Heron no manexo de enfermidades externas do viñedo supón unha alternativa contrastada e eficaz á xestión convencional deste tipo de enfermidades, desenvolvendo diferentes programas para a protección do viñedo que, ademais, ofrecen outras vantaxes adicionais (produtos sen prazos de seguridade nin residuos de materias activas de sínteses).
Dous son os produtos que interveñen principalmente no programa de manexo do oídio en vide: IRIDIUM®, produto de orixe botánica con acción barreira multipunto específica anti-oídio, con efecto preventivo, curativo e secante; e TORERO®, suspensión de alta concentración en xofre e sílices, con efecto secante fronte a oídio e que adicionalmente presenta unha acción disuasoria fronte a poboacións de ácaros. Ámbolos dous produtos poden empregarse por separado, nunha estratexia preventiva, ou mesmo alternarse en diferentes tratamentos; ou ben empregarse en mestura no caso de ataques severos do fungo.
Neste programa interveñen por unha banda MÁXIMO®, composto por un complexo cúprico con aminoácidos non proteicos, vitaminas e ácidos orgánicos procedentes de extractos de algas, con acción vascularizante, desinfectante e cicatrizante; e por outro BIOSILENCE®, barreira protectora con efecto secante a base de extractos vexetais, boro e sílices (de orixe botánica e mineral).
Desta forma, para o efecto específico antimildiu e antibotrítico do cobre, cunha gran sistemia ascendente e descendente grazas aos axentes complexantes orgánicos de MÁXIMO®, súmaselle o fortalecemento de tecidos vexetais propiciados polo boro e o silicio, así como o efecto secante que proporciona BIOSILENCE® para inhibir a xerminación de esporas e o desenvolvemento das estruturas fúnxicas.
Na prevención e protección fronte ao mildio, os primeiros tratamentos débense realizar pouco despois do desborre, repetindo o tratamento aos 10-15 días en función do risco. Os tratamentos dirixidos a evitar danos por botrite recoméndanse cara ao estado fenolóxico L, de cerramento de acio, podéndose repetir o tratamento en envero, segundo condicións.

Así pois, coa experiencia recollida durante varios anos, froito da colaboración con adegas de recoñecido prestixio e os viticultores máis esixentes e profesionais, Blue Heron ofrece alternativas de garantía fronte a estas ameazas e as perdas que ocasionan na produción vitícola, acordes co novo contexto da sanidade vexetal, baseadas en solucións naturais de menor impacto e recomendadas para o seu emprego tanto en agricultura ecolóxica como convencional.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta