PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Sobe o prezo do porco cebado en Silleda, nunha feira sen gando vacún pola Semana Verde

Os leitóns e os ovos mantéñense sen cambios nesta xornada. Tampouco hai variacións nas cotizacións do coello na lonxa de Madrid

Este martes só se celebraron as reunións das mesas de prezos da Central Agropecuaria de Galicia – Abanca, por motivo da Semana Verde, que comezará este xoves día 6 e continuará ata o domingo.

Así, o máis destacado da xornada foi a suba do prezo do porco cebado mentres que as cotizacións dos leitóns e os ovos se mantiveron sen cambios ó igual que o prezo do coello. Porén, houbo unha baixada nos prezos das galiñas de desvelle.

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou subir as categorías Selecta e Normal 0,010 euros ata os 1,465 e 1,440 euros por quilo, respectivamente. A Canle II subiu un ata os 1,870 euros por quilo logo dun incremento de 0,013 euros e o desvelle mantívose tamén sen cambios nun intervalo de prezos de entre 0,72 e 0,78 euros o quilo.

PUBLICIDADE

No prezo dos bacoriños esta semana non houbo variacións e as cotizacións do leitón medio de 20 quilos queda nos 70,5 euros para os animais procedentes dunha única granxa ou en 65,5 euros para os de varias ganderías. O prezo por quilo sitúase en 3,525 e 3,275 euros respectivamente.

Sen cambios nos ovos e baixada das galiñas de desvelle

Nos ovos tampouco houbo cambios esta semana. Deste xeito os prezos por categoría quedan do seguinte xeito: os ovos XL mantéñense nos 1,33 euros a ducia, os L sitúanse nos 0,99 euros, os M nos 0,96 euros e os de tamaño S nos 0,81 euros.

A galiña de desvelle sofre unha baixada mínima este martes de 0,01 euros e sitúase nun intervalo de entre 0,09 e 0,17 euros o quilo.

Por último, o coello na Lonxa de Madrid, que marca o prezo para Galicia, continúa cun prezo de 1,85 euros o quilo.

PUBLICIDADE

Central-Agropecuaria-Galicia-Porcino-04-06-2019-

O próximo martes só becerros de recría

A Central Agropecuaria volverá contar con gando vacún o próximo martes, día 11, aínda que só haberá becerros de recría. Para esa sesión, a apertura de portas da recepción de animais será a partir das 20.00 horas do luns 10.

Ver todas as noticias de carne

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *