PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Sen cambios nos prezos en Ternera Gallega

Xatos marcados de Ternera Gallega no cebadeiro Melenas SC en Mazaricos

Os vogais da Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordaron este mércores manter sen cambios as cotizacións para todas as categorías e calidades desta carne. En canto aos prezos do gando que concorreu hoxe ao mercado de Amio tampouco se rexistraron cambios significativos respecto á pasada semana.

A asistencia foi menor: 1559 reses, o que supón 105 menos que na sesión do pasado mércores. En concreto, na feira de hoxe contabilizáronse 1.309 cabezas de vacún menor, 110 menos que na sesión anterior. Houbo 104 de vacún mediano (14 máis) e 146 de vacún grande (9 menos que a semana pasada).

Máis información:

PUBLICIDADE

–Táboa de cotizacións de Amio (25-X-2023).

Ver todas as noticias de carne

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *