PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Segunda edición do obradoiro “Sistema integrado, xestión de explotacións agroalimentarias”

A actividade desenvolverase entre o 19 de novembro e 12 de decembro en modalidade de teleformación

A segunda edición do obradoiro “Sistema integrado, xestión de explotacións agroalimentarias” terá lugar entre o 19 de novembro e o 12 de decembro. Os contidos estarán a disposición do alumnado nunha plataforma online á que se poderá acceder no tempo que dure o obradoiro.

Os módulos 2, 3 e 4 contan coa homologación da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia. Isto significa que as persoas que participen na formación no horario indicado para cada módulo e superen as probas correspondentes da Consellería poderán obter un certificado emitido por esta entidade.

Esta actividade, que se enmarca no programa de actuación 2024-2025 da Rede Eusumo, é gratuíta e as persoas interesadas poderán inscribirse nesta ligazón ata o 15 de novembro. O contido da formación será o seguinte:

PUBLICIDADE

Módulo 1. Cooperativismo no sector primario. (Duración: 20 h)

  • Unidad 1. As Cooperativas.
  • Unidad 2. Marco Legal do Cooperativismo.
  • Tutor: Carlos Ares Fernández. Técnico de AGACA.

Módulo 2. Benestar Animal. Explotacións. (Duración: 20 h)

  • Unidad 1. Módulo Xeral.
  • Unidad 2. Persoal das explotacións (incluíndo centros de concentración, granxas).
  • Tutor: Eduardo Mazaira Vázquez. Veterinario.

Módulo 3. Operador de Granxa. (Duración: 20 h)

  • Unidad 1. Características da produción bovina.
  • Unidad 2. Sanidade animal, hixiene e bioseguridad.
  • Unidad 3. Manexo.
  • Unidad 4. Xestión ambiental e loita contra o cambio climático das explotacións.
  • Unidad 5. Rexistro de información e documentación.
  • Unidad 6. Normativa vixente no ámbito europeo, nacional, autonómico e local relacionada.
  • Tutor: Eduardo Mazaira Vázquez. Veterinario.

Módulo 4. Benestar Animal. Transportistas. Normativa transporte de animais. (Duración: 10 h)

PUBLICIDADE
  • Tutor: Eduardo Mazaira Vázquez. Veterinario.
Ver todas as noticias de emprender formación

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *