PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Recomendacións para aplicar menos fitosanitarios sendo igual de efectivos

Actualmente existe unha falta de coherencia entre as recomendacións de aplicación de fitosanitarios en cada país da Unión Europea e o que realmente necesita a planta para previr ou curar unha enfermidade fúnXica como mildio ou oídio.

Esta é a conclusión de Emilio Gil Moya, profesor e director da Unidade de Mecanización Agraria da Universidade Politécnica de Cataluña, quen incide en que “non vale falar de litros por hectárea” como recomendación para a aplicación de fitosanitarios cando se trata de cultivos arbóreos ou viña.

“Respectando a concentración do produto, por exemplo, unha dilución do 3% en auga, o parámetro para calcular a aplicación de fitosanitarios en viñedo debería ser simple e rápido, de forma que se cubra co produto a área foliar”, engade.

PUBLICIDADE

Neste sentido, defende que a normativa sobre información de dose na etiquetaxe dos produtos fitosanitarios “debería estar indicada en función da tamaño da área foliar do cultivo e do seu estado fenolóxico ou desenvolvemento do cultivo”. Algo que xa sucede en países como Alemaña, Austria, pero non en España e no resto de países mediterráneos, onde a normativa obriga aos fabricantes a recomendar unha aplicación en quilogramos ou litros de produto por hectarea.

FITOSANITARIOS EMILIO GIL 2

“Non todos os viñedos son iguais, nin o marco de plantación é o mesmo, nin a variedade, nin a densidade foliar, etc. De feito, hai diferenzas de até 15 veces entre unha área foliar e outra, dependendo da densidade de plantación, variedade, etc. Por tanto, se se quere mollar a folla nunhas teremos que botar 15 veces máis que noutras”, subliña.

Ademais, Emilio Gil Moya incide na importancia de ter tamén en conta o tipo de maquinaria. “Hai unha variabilidade inmensa segundo os equipos, de forma que respectando a concentración do produto no caldo, expresada en cantidade de materia activa por cada 100 litros de auga, segundo o tipo de maquinaria podo facelo con 400 litros de caldo, no caso dun atomizador convencional, ou con tan só 100 litros cunha máquina de última tecnoloxía, ben calibrada e coas boquillas revisadas”, subliña o profesor de Universidade Politécnica de Cataluña.

Influencia do tipo de maquinaria nas necesidades de volume de caldo para tratar un cultivo: 

FITOSANITARIOS EMILIO GIL 1

 

PUBLICIDADE

Ferramenta Dosaviña®

Neste sentido, Emilio Gil lembra que existe ferramentas dispoñibles para mellorar e optimizar a aplicación de fitosanitarios en viñedo, como Dosaviña® , unha ferramenta online para a determinación do volume óptimo de aplicación en tratamentos fitosanitarios en viñas en espaldeira baseado nas características da vexetación. A aplicación é gratuíta e está dispoñible nas plataformas IOS e GOOGLEPLAY. Permite ao usuario determinar tanto o volume óptimo de aplicación como a cantidade de produto fitosanitario a engadir ao depósito. E, ademais, inclúe unha guía práctica para a correcta calibración do equipo, calculando a presión de traballo, o número e tipo de boquillas e o tamaño de pinga.

Accede aquí á aplicación: https://dosavina.upc.edu/#

Ver todas as noticias de agricultura

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *