PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Consellos para o coidado da horta en outubro

1

Outubro é unha época de transición entre o final dos cultivos de verán e o comezo dos de outono-inverno. Velaquí algúns consellos para a nosa horta:

-Cara mediados ou finais de mes deberemos recoller as que teñamos na horta, gardándoas nun lugar fresco e enxoito, a ser posible con algo de palla ou un cartón debaixo. Evitar os golpes tamén axudará a que non podrezan e alongará a súa conservación.

-Poderemos seguir recollendo os últimos pementos, tomates e berenxenas. As acelgas seguirán producindo, e remolachas de mesa e porros poden permanecer sen problema na horta ata comezos de abril.

PUBLICIDADE

-Se non o fixemos xa, poderemos sementar os últimos nabos de inverno

-Poderemos plantar tamén escarola e leitugas de inverno.

-Nas parcelas que nos quedaron libres é recomendable sementar abonos verdes (nabos, avea, centeo, chícharos..etc) para evitar que a terra quede descuberta. Outra forma de protexer a terra núa fronte ás xeadas, especialmente se é unha horta pequena, é cubrila cunha capa grosa de herba ou estrume do monte, que se irá descompoñendo durante o inverno, creando unha capa de abono para os cultivos de primavera, ao tempo que protexe o solo e reduce o nacemento de herbas.

-Como no resto dos meses, seguiremos acumulando materia orgánica (herba, follas, restos orgánicos da cociña….etc) para abonar a nosa horta en primavera.

PUBLICIDADE
Ver todas as noticias de agricultura

Publicacións relacionadas

2 respostas a “Consellos para o coidado da horta en outubro”

  1. Maria di:

    ¿Es buena epoca para acolchar con fentos?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *