PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Provacuno busca potenciar as exportacións de carne de vacún en Meat Attraction

Presencia de Provacuno na feira Meat Attraction, que se celebra entre os días 6, 7 y 8 deste mes / Fonte: Provacuno

A Interprofesional da Carne de Vacún, Provacuno, estará presente en Meat Attraction para amosar os avances realizados no ámbito da sustentabilidade e o benestar animal, así como para dar a coñecer as diferentes accións de comunicación e internacionalización acometidas. Ademais, como novidade, nesta edición do 2023 impulsou Beef Place, un espazo para todas as empresas de carne de vacún.

En palabras do director de Provacuno, Javier López, “Meat Attraction é un dos eventos agroalimentarios máis importantes do mundo, pola súa visión innovadora e o seu indiscutible enfoque cara o negocio e a internacionalización”. Deste xeito, a feira é un punto de encontro de importadores de distintos destinos e o punto de partida de compradores de diferentes países, polo que a Interprofesional mírao como “un escaparate para dar a coñecer as características fundamentais do modelo de produción español nos diferentes eslabóns da cadea: desde granxas, ata matadoiros ou salas de despece”.

“A nosa carne de vacún é moi demandada en todo o mundo pola súa calidade, froito da alimentación (grain feed) e do tipo de animal, así como por cumprir cos máis estritos controis de rastrexabilidade, sanidade animal e sustentabilidade; o noso modelo de produción é a mellor tarxeta de visita para triunfar nos mercado internacionais”, destaca López.

PUBLICIDADE
Ver todas as noticias de carne

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *