A organización viaxou a Madrid para reivindicar a necesidade de cambios na situación actual dos productores. Para iso, reclaman o cumprimento da Lei da Cadea Alimentaria, para non vender a perdas, a igualdade nas primas por vaca nodriza ou solucións para a convivencia co lobo

A Asociación de Gandeiros Galegos da Suprema viaxou hoxe a Madrid para reivindicar a necesidade de cambios na súa situación actual, ante a inviabilidade das súas explotacións. Os gandeiros e gandeiras alí presentes protestan pola venta a perdas, polas dificultades engadidas debido ás novas esixencias administrativas e legais da PAC, ou pola falta de solucións ante os problemas de convivencia co lobo e ca fauna silvestre. Desde a organización amosan a súa preocupación e fan referencia á falta de relevo xeracional no campo, acrecentado pola de atractivo que suxire o contexto actual.
Ante esta situación, gandeiros e gandeiras optaron por elevar o ton da súas peticións manifestándose ante o Congreso de Deputados. No seu discurso fan fincapé “na necesidade de ter un prezo digno pola súa produción, tanto para soster as súas explotacións, como para garantir a vida no rural e fomentar o relevo xeracional”, erixíndose como “figuras claves por ser quen custodia o territorio, e quen suministra de alimentos a España”, manifestan desde a Asociación.
“Os nosos familiares que viviron deste sector, miran abatidos o que nos custa manter a flote as nosas granxas e as nosas familias. É difícil entender que, co paso dos anos, os nosos produtos en orixe foron perdendo poder adquisitivo e, en definitiva, empobrecéndonos aos poucos. Con todo, ao consumidor na cesta da compra os produtos sóbenlle desorbitadamente”, sinalan.

maxe do trascurso da mobilización dos gandeiros e gandeiras en Madrid. / Fonte: Asociación de Gandeiros
Peticións do seu manifesto
“Estamos sostendo un sector vacún con venta a perdas desde fai moitos anos, e cun período da PAC 2023-2027 claramente lesivo para todas as explotacións de orientación cárnica de Galicia”, critican desde a Asociación de Gandeiros. Por este motivo, desde a agrupación solicitan os seguintes puntos:
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta