PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Programa de asesoramento gratuíto para emprendedores

Agaca pon en marcha un proxecto para axudar a emprender como cooperativa. A iniciativa apoiará tanto a persoas interesadas neste modelo como a empresas que queiran asumir o cambio

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) pon en marcha o Itinerario do Emprendedor, un proxecto orientado a dar apoio a persoas e empresas que desexen incorporarse á economía social, no modelo cooperativo. O Itinerario está deseñado para prestar asesoramento completo dende a consolidación da idea de negocio ata a constitución da cooperativa.

No caso de novos proxectos, o Itinerario comezaría coa idea, asesorando e informando para o deseño e validación dun proxecto de negocio viable, e avanzaría cara á consolidación do negocio, a través do apoio nas planificacións estratéxica e operativa e na xestión de proxectos ata lograr a efectiva creación dunha cooperativa. No caso de empresas, o Itinerario presta o asesoramento necesario para que se transformen en cooperativa.

O Itinerario, ademais do asesoramento do persoal técnico de AGACA, ofrece un programa de mentoring individualizado, a cargo de persoal directivo e membros de consellos reitores de cooperativas xa consolidadas no sector agroalimentario galego.

PUBLICIDADE

As persoas interesadas poden informarse en www.agaca.coop, no teléfono 981 58 47 83 ou no correo electrónico cares@agaca.coop.

A iniciativa forma parte do proxecto Incorporación da xuventude emprendedora á economía social e consolidación das cooperativas agroalimentarias de Galicia, no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social, xestionado pola Confederación Empresarial Española da Economía Social (Cepes). Conta co financiamento do Fondo Social Europeo, mediante a convocatoria de subvencións dirixidas a entidades e empresas da economía social para o desenvolvemento de proxectos destinados á creación de empresas e entidades da economía social ou á mellora da competitividade e o apoio á consolidación empresarial das mesmas.

AGACA_cepes-2021-itinerario-emprendedor_

Ver todas as noticias de desenvolvemento rural

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *