Terán lugar o 5 de marzo na Facultade de Veterinaria de Lugo, onde gandeiros con máis de 500 vacas de Italia e Galicia exporán a súa maneira de traballar
As Xornadas Africor Lugo de produción de leite deste ano analizarán cuestións como a toma de datos ou a xestión do persoal nas ganderías, aspectos clave para o bo funcionamento dunha explotación na actualidade e que cobran maior importancia a medida que as ganderías incrementan o seu tamaño.
Por iso, o día 5 de marzo no auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo poderá coñecerse o funcionamento diario e a organización do traballo en dúas explotacións con máis de 500 vacas en muxidura, unha delas italiana e outra da provincia de Lugo. Christopher Ferri, gandeiro na rexión italiana de Lombardía, contará a experiencia da Società Agricola Ambrosini Vittorio, mentres que Román González Sanmartín, veterinario de SAT Prolesa, explicará como fan o manexo da recría nesta explotación de Sarria, unha das máis grandes da provincia de Lugo.
O programa das xornadas inclúe tamén outros temas, como o secado, o uso da penicilina como antibiótico ou a importancia da monitorización no manexo das explotacións.

De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta