PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Poxa este sábado de Africor Lugo en Castro Ribeiras de Lea

Poxa organizada por Africor Lugo

Africor Lugo organiza para este sábado, 11 de febreiro, unha poxa de gando Frisón no Mercado Gandeiro de Castro Ribeiras do Lea. Será a primeira do ano organizada por Africor Lugo en colaboración co concello de Castro de Rei.

Todos os animais contan con análises sanitarios, grazas á colaboración cos servizos veterinarios da Consellería do Medio Rural e do Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia.

Son animais criados en explotacións da provincia, adaptados ás condicións de manexo de Galicia. “Trátase de potenciar e dar valor ao producido nas explotacións galegas, sen ter que depender do exterior para repoñer animais”, aseguran dende Africor Lugo.

PUBLICIDADE

Ademais, destacan que este tipo de poxas ofrecen importantes vantaxes:

Para os compradores:
-Concentración da oferta
-Garantías sanitarias
-Animais procedentes de explotacións cércanas
-Información xenealóxica completa
-Transporte gratuíto para as ganderías da provincia de Lugo
-Doses gratuítas por xentileza de Xenética Fontao

Para os vendedores:
-Poxas publicitadas
-Valorización do traballo de selección, presentación dos datos xenealóxicos
-Concentración de compradores
-Publicidade para a gandería

Para o sector produtor de leite en xeral:
-O diñeiro dos compradores vai parar a outros gandeiros cercanos e non a outros países como ocorrería se merca animais estranxeiros.
-A creación dun mercado onde os gandeiros poidan vender os excedente incentiva a recría
-Se hai máis recría será preciso máis forraxe, máis penso e máis instalacións de forma que o diñeiro dos compradores vai repercutir sobre todo o sector.
-A redución do número de animais procedentes doutras zonas reduce a posibilidade de incorporar enfermidades.

PUBLICIDADE

Consulta aquí o listado completo de animais que se poxarán.

Ver todas as noticias de axenda

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *