Resultados do traballo de fin de master que analiza a viabilidade da selección de 'Apis mellifera' como método de loita contra o ácaro e o impacto económico destas prácticas nas explotacións apícolas

Observación con lupa de exemplares de Varroa danados ou mutilados polas propias abellas
Este traballo determina a viabilidade de empregar a selección de Apis mellifera como método de loita complementario contra o ácaro Varroa destrutor e a avaliación do impacto económico que suporía a adopción da metodoloxía proposta para as explotacións apícolas.
En primeiro lugar, defínese a estrutura de custos de 4 explotacións apícolas situadas no sur da provincia de Lugo e norte da provincia de Ourense mediante a realización de entrevistas persoais aos apicultores das que se obteñen os datos necesarios para realizar a análise e a comparativa dos custos fixos e variables, así como dos ingresos.
Por outra banda, proponse unha metodoloxía vertebrada en 3 parámetros (comportamento hixiénico, VSH e grooming) que permite obter resultados de forma rápida e fiable co fin de cuantificar a resistencia a Varroa en cada unha das 10 colmeas mOstreadas de cada explotación (N=40) e realizar unha análise de tempos e custos do material necesario para levala a cabo.
A implementación dun procedemento para identificar as colmeas con mellores aptitudes para defenderse do ácaro Varroa ten un impacto mínimo sobre a estrutura de custos das explotacións pero o beneficio a longo prazo é notable
Como principais conclusións dedúcese que a implementación dun procedemento para identificar as colmeas con mellores aptitudes para defenderse do ácaro Varroa ten un impacto mínimo sobre a estrutura de custos das explotacións e, sen embargo, o beneficio que se pode obter a longo prazo é notable, evidenciado polos numerosos estudos realizados neste campo nos últimos anos onde se demostran as vantaxes de incluír a selección xenética como instrumento para conseguir cabanas apícolas sas e máis resistentes ao ácaro.
A forza ou estado das colonias obxecto de estudo determinouse paralelamente ao resto das características e consistiu na asignación a cada colmea dunha puntuación comprendida entre 0 e 20 puntos. Para iso tivéronse en conta os seguintes parámetros: cadros de cría, puntuación da cría, cadros ocupados por abellas e reservas. No punto 5.3 do TFM explícase en detalle o modo de valoralo.
Durante a primeira visita aos apiarios, á vez que se aplicou a metodoloxía proposta para cuantificar o grao de resistencia das colonias fronte á varroa, aproveitouse para valorar o nivel de infestación inicial para cada colmea tanto nas abellas adultas como na cría a través da morte por caída natural (ou provocada) de ácaros ao fondo das colmeas.
A porcentaxe de infestación na cría calculouse simultaneamente á determinación do VSH, explicado no apartado 4 deste artigo, grazas á fórmula 5-6.
O procedemento empregado para determinar o grooming nas colmeas tamén se usou para determinar o nivel de infestación da colonia por ácaros caídos, obtendo deste xeito 3 medidas do nivel de infestación inicial para cada colonia.
Para levar a cabo a determinación deste comportamento realizáronse as seguintes operacións:

Ilustración 5.3 – Celdas de cría desoperculadas con pupas de idade adecuada.


Para a análise desta característica, empregaremos a porción de panal extraída e reservada na súa correspondente bolsa hermética, obtida da operación de enxerto descrita no apartado anterior.
A importancia, xa descrita no apartado anterior, de que as porcións de panal extraídas conteñan cría con ollos violetas e corpo empezando a escurecerse radica en que, nesta fase de desenvolvemento, a posible descendencia da varroa que se estea reproducindo no interior da cela tería suficiente tempo para desenvolverse, permitindo deste xeito determinar se a colmea conta con esta característica ou non e en que proporción.
Deberanse anotar aquelas colmeas nas que se observen opérculos en forma de volcán (ilustración 5.8) co obxecto de determinar se existe algunha relación entre estes e o % de VSH.

Ilustración 5.8 – Opérculos en forma de volcán.
Para este estudo deberase contar cunha fonte de luz fría que permita visualizar o interior das celdiñas.
En primeiro lugar, levantaranse os opérculos cun cúter, verificando se hai ácaros no seu envés (ilustración 5.9) e, coa axuda dunha agulla entomológica extraerase a pupa coidadosamente e observarase en busca de varroas; acto seguido examinarase o interior da celdiña.

Ilustración 5.9 – Varroas na cara interna dos opérculos.
Unha vez extraída e examinada a pupa e o interior da celdiña clasificaranse en tres categorías:
Para determinar o valor de VSH da colonia seguiuse a seguinte fórmula:
Ademáis, con estes datos poderemos determinar tamén o nivel de infestación de Varroa na cría empregando a seguinte fórmula:

Para determinar este comportamento, as colmeas seleccionadas no estudo equiparanse con fondos sanitarios. Nos devanditos fondos introducirase unha cartolina branca cuadriculada e impregnada en vaselina filante. Esta cartolina verificarase ás 24h (aproveitando a revisión para valorar o comportamento hixiénico) realizando o cálculo de ácaros e volverase a colocar no fondo da colmea. Ás 48h procederase a retirar a cartolina, dobrándoa suavemente de maneira que as caras impregnadas de vaselina queden cara ao interior. Cada cartolina identifícase co número da colmea.
O reconto total de ácaros caídos realizarase nos días posteriores á súa extracción e equivalerá ao número de ácaros ás 48h. Ao mesmo tempo cuantificaranse e analizaranse as varroas danadas para determinar o grooming grazas á fórmula 5-7.
Os ácaros observaranse individualmente na lupa en busca de mordeduras, amputacións ou calquera outro tipo de dano en:
A determinación do grooming realizarase mediante a seguinte fórmula:

A metodoloxía proposta neste estudo deseñouse para poder determinar aquelas colmeas que presentan unha ou varias características desexadas fronte á varroa no menor tempo e co mínimo custo posibles.
O traballo levouse a cabo en 4 colmenares (A-D) situados en senllos municipios do norte da provincia de Ourense e do sur da provincia de Lugo. Analizáronse 10 colmeas de cada colmenar (N=40) e os resultados atopados móstranse a continuación.
Na táboa 6.1 expoñénse os valores dos parámetros empregados para determinar a forza que as colonias analizadas presentaban no momento do mostreo que se levou a cabo entre os meses de abril e maio.
Tendo en conta os resultados anteriores a forza da colonia sitúase nun nivel medio-alto nos colmeares A e D, mentres que as colonias dos colmeares B e C atópanse nun nivel sensiblemente inferior.
Na táboa 6.2 móstranse os valores medios (en termos porcentuais para as infestaciones en abellas e cría, así como en valores medios con varianza para os ácaros caídos) obtidos mediante os distintos métodos de diagnóstico para estimar o nivel inicial de infestación das colmeas incluídas no estudo.

Os valores de comportamento hixiénico ás 48h do enxertado foron do 100% en todas as colmeas dos apiarios B, C e D excepto nun, que foi do 95%.
Pola contra, as colonias do colmear A, ás 48h do enxertado, apenas superaran o 75% de limpeza en termos medios, aínda que dúas colmeas deste apiario removeran o 100% da cría morta ás 24h do enxertado. Nos colmenares B e D, todas as colmeas presentaron niveis de limpeza superiores ao 90% ás 24h. As gráficas seguintes conteñen os resultados correspondentes aos colmenares A e D.


Ilustración 6.2 – Comparativas da capacidade de comportamento hixiénico ás 24h do enxertado e forza das colonias nos colmeares A-D.
Na figura 6.2 represéntase soamente a porcentaxe de celas limpas ás 24h do enxertado ao considerarse como un parámetro máis restritivo que ás 48h, ademais conleva un valor engadido superior o conseguir determinar as colmeas que sexan capaces de adquirir un nivel de limpeza maior no menor tempo posible.
Nas porcións de panal con cría de 4 das 40 colmeas mostreadas atopáronse familias de varroas que deberían contar cunha descendencia maior debido ao estado avanzado das pupas de abella (todas elas a piques de nacer). Con todo, nestas celdiñas só se atopou unha varroa femia madura, signo inequívoco de que as abellas nalgún momento destaparon a celdiña e cortaron o seu ciclo de reprodución.
As colmeas mostreadas resultaron pertencer aos apiarios A (2), B e D (táboa 6.3) sendo a 8-B a única que ademais presentou en varios cadros do seu niño de cría opérculos con forma de volcán, aparecendo 9 na porción de panal estudado.
Por outra banda, o nivel de infestación da cría na colonia 8-B é o menor das 4 colmeas que presentan esta característica, sitúase en segundo lugar pola metodoloxía da mostraxe da abella adulta e, sen embargo, é a que máis ácaros caídos por día presenta, o cal pode ser indicativo da capacidade para que as varroas envellezan sen poder deixar descendencia. Tras considerar a posibilidade de que a forza da colonia poida influenciar esta característica tampouco se aprecia unha relación clara, do mesmo xeito que no parámetro anterior (táboa 6.4).

En todos os colmeares atopáronse ácaros mutilados no fondo das colmeas. Para os recontos consideráronse aqueles ácaros con danos no aparello bucal (gnatosoma) como no idiosoma (ilustración 6.3), constituíndo este feito un indicador representativo de que as abellas das colmeas nas que se atopou dita característica son capaces de detectar o ácaro, ben no seu corpo ou no doutras abellas obreiras, e atacalo co seu aparello bucal e patas ata conseguir que se desprenda.
Nas gráficas seguintes represéntanse os resultados obtidos nos colmenares A e D.


Ilustración 6.3 – Relación entre a forza da colonia, número de varroas caídas por colmea e número de ácaros mutilados nos colmeares A-D.
Cabe destacar as colmeas 6, 7 e 9 do colmear D, onde caeron 2, 3 e 2 varroas respectivamente, que reflectiron un resultado do 100% de ácaros mutilados. Unha vez máis, a forza e o estado da colonia non parece xogar un papel importante nesta característica como tampouco parece selo o número de varroas caídas/día nin o nivel de infestación.

César Crespo é profesor no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos
Tras analizar os resultados, as conclusións máis importantes ás que se chegou neste traballo foron:
Para ampliar a información sobre este e outros contidos tratados no TFM, pódese visitar o texto completo neste enlace.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta