Peticións á Consellería das ganderías de Abadín afectadas polas probas do saneamento
Queren que se realice a proba comparada a todos os animais sospeitosos e que se inspeccione á empresa adxudicataria para comprobar a correcta realización da campaña deste ano
Campo Galego
Xuntanza levada a cabo polos gandeiros e gandeiras afectados, que recolleron sinaturas
Gandeiras e gandeiros afectados polas “graves eivas” da campaña de saneamento da Consellaría do Medio Rural reuníronse novamente esta semana en Abadín co obxectivo de continuar organizándose para esixir á Xunta a “subsanación inmediata das demoras e descoordinación” neste servizo de sanidade animal. As xuntanzas están auspiciadas polo Sindicato Labrego Galego.
As granxas afectadas están recabando apoios para presentar á Consellería un escrito no que, ademais de denunciar a situación destes últimos meses, solicitan que se concrete á maior brevidade posible unha xuntanza co conselleiro, José González.
Presentan ademais a seguinte batería de propostas e peticións:
PUBLICIDADE
Que dadas as características da maioría das explotacións nesta zona (granxas en extensivo) a campaña se execute a principios da primavera.
Que se faga o saneamento por barrios e de forma continuada, en lugar do que se fixo este ano que se estaban saneando varias parroquias a un tempo, prolongándose os traballos máis de dous meses nalgún caso.
Que cando se compre un animal ou se solicite información dun en Sanidade Animal, se proporcione en poucos días o seu historial e procedencia en caso de ser un animal procedente dunha zona ou explotación de risco, de maneira que non se tarde meses en proporcionar esta información os gandeiros.
Que se informe dos criterios xerais de marcado dos animais, en lugar de “matar por matar”.
Que se proporcione a cada gandería un informe detallado dos resultados das probas da explotación e criterios individuais de marcado.
Que en zonas onde aumentaron moito os animais sospeitosos se efectúe a proba IDTBC (Proba de intradermotuberculinización comparada) a todas as reses sospeitosas, e nas próximas campañas se leve a cabo xa coas primeiras probas no momento de sanear.
Que se analice e revise exaustivamente a vinculación entre zonas ou explotacións.
Que se posibilite sacar os xatos para a explotación e cebadeiros.
Que as reses que queden en seguimento, se desbloqueen logo de varias campañas sen reaccionar.
Que se inspeccione a empresa adxudicataria para verificar a correcta execución do contrato e a dotación do persoal suficiente.
Que se realice un estudo e seguimento da fauna salvaxe como posible transmisor das enfermidades.
Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso del sitio web y mejorar la experiencia de navegación de los usuarios. Más información en la Política de cookies
Funcionales
Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de habilitar el uso de un servicio específico solicitado explícitamente por el suscriptor o usuario, o con el único propósito de realizar la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para el propósito legítimo de almacenar preferencias que no han sido solicitadas por el suscriptor o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario con el fin de enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
Deixa unha resposta