O Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), organismo pagador dos fondos europeos adscrito á Consellería do Medio Rural, anuncia que realizará ao longo da primeira quincena de decembro pagos por importes próximos aos 123 millóns de euros da PAC correspondentes á campaña de 2019.
Deles, máis de 105 millóns corresponden ao saldo de axudas directas (desacopladas e gandeiras) e case 18 millóns á medida 13 de desenvolvemento rural (referida ás axudas para zonas con limitacións naturais).
As liñas de axudas directas denominadas “desacopladas” son o pago básico, o pago verde, mozos e pequenos agricultores, do que se paga o 95% do total solicitado, agás no caso dos pequenos agricultores, que recibirán o 100%. Das liñas gandeiras pagaranse os conceptos de vacún de carne e vacún de leite, e os gandeiros recibirán o 90% do importe total solicitado.
Dende o goberno da Xunta destacan que “Galicia é unha das primeiras comunidades autónomas españolas en pagar anticipos da PAC na campaña de 2019, co abono de 37 millóns de euros nestas liñas a metade do pasado mes de outubro”. Para este ano o Fogga persegue o obxectivo de pagar importes próximos aos 160 millóns de euros, dos que se beneficiarían un total de 27.000 solicitantes das axudas da PAC.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta