O evento terá lugar en Santiago de Compostela, no Hotel Oca Porta do Camiño

A Fundación Instituto Tecnolóxico do Penso (FITP) celebra o próximo 11 de outubro en Santiago de Compostela a XXVI Xornada Técnica sobre “Estratexias de nutrición, redución e cálculo de emisións e a I.A. na produción de pensos”.
Os interesados en asistir deberán enviar un mail a agafac@agafac.es cos datos necesarios (nome completo, empresa, mail) ou chamar ao 981 174 354 antes do 9 de outubro.
A xornada será gratuíta para traballadores das empresas socias de Agafac e/ou integrados en Galis, patrocinadores da FITP. O prezo para o resto de profesionais será de 121€ por asistente.
O programa da xornada, que se levará a cabo no Hotel Oca Porta do Camiño, en Santiago de Compostela, será o seguinte:
09:00 h. Recepción de asistentes.
09:45 h. Presentación e apertura da xornada.
10:00 h. Microbiota e estratexia nutricional.
10:30 h. Estratexias nutricionais para reducir o uso de soia en vacún de leite e vacún de carne.
11:00 h. Redución de emisións de amoníaco en gandería: nutrición.
11:30 h. Pausa-café.
12:15 h. Como calcular a pegada de carbono na etiquetaxe de pensos: que datos necesito e como obtelos.
12:45 h. Como axuda a intelixencia artifical ao proceso de produción de pensos compostos.
13:15 h. Debate.
13:45 h. Peche da xornada.
14:00 h. Cóctel de confraternización
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta