Na poxa participarán 13 vacas procedentes de 7 ganderías coruñesas. Os compradores recibirán tres doses de seme do touro Julius e outras tres do semental Hondo, procedentes de Xenética Fontao

Ordes (A Coruña) acolle este domingo, 8 de marzo, a II Poxa de Gando Raza Frisoa, organizada polo Concello e Africor-Coruña.
Sairán a poxa un total de 13 animais procedentes de ganderías da provincia de A Coruña, con tódalas garantías sanitarias e de cualificación xenética. As vacas proceden de 7 ganderías coruñesas: A Pradeira SC (Carballo), Avelino Castro (Arzúa), Gandería Candendo SC (Tordoia), Gandería Dubra SC (Trazo), Granxa Hurdeiro (Toques), SAT Lavandeira 950 Xuga (Ordes) e Vieites (Trazo).
A chegada dos animais farase xa o sábado e a poxa comezará o domingo ás 11:30 horas no recinto feiral O Mesón do Vento. A empresa pública Xenética Fontao obsequiará a cada un dos compradores con 3 doses de seme do touro Julius e 3 doses do semental Hondo .
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta