Están abertas a grupos de ata 35 persoas de centros educativos, asociacións ou outros colectivos, permiten coñecer o laboratorio, a granxa e as terras de cultivo da considerada quinta mellor granxa de España en calidade xenética animal

A Deputación de Pontevedra oferta a centros educativos, asociacións ou outros colectivos, visitas guiadas e gratuítas á Finca Mouriscade de Lalín, cun sentido didáctico e formativo en torno á vangarda investigadora en varios aspectos do sector agroalimentario. As visitas, que poden formalizarse a través de laboratorio.mouriscade@depo.es e están abertas a grupos de ata 35 persoas e permiten coñecer o laboratorio, a granxa e as terras de cultivo. Poden formalizarse cunha antelación mínima de 72 horas á data proposta.
A través dela pódese coñecer en profundidade o traballo desenvolvido por este centro de referencia en Galicia en canto á análise e investigación avanzada sobre alimentación, enfermidades e xenética dos animais, especialmente das vacas de raza frisoa, que son as máis comúns na provincia de Pontevedra e en Galicia, pero tamén do gando porcino e aves.
No laboratorio estúdase a calidade dos alimentos e a prevención de enfermidades, así como realízanse análises de auga e xermes. Pola súa banda, na granxa trabállase na mellora xenética do gando a través da transferencia embrionaria, procurando que os gandeiros poidan ter animais máis saudables e produtivos. Ademais, os refugallos que se producen na Finca Mouriscade empréganse na fabricación de enerxía para autoconsumo na planta de biogás.
Finalmente o percorrido contempla unha visita ás terras de cultivo que, cunha superficie de 44 hectáreas, están destinadas na súa maior parte a cultivos de millo, para realizar ensaios de mellora da alimentación do gando así como investigacións sobre os fertilizantes.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta