PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O pago básico da PAC comeza a abonarse en Galicia a próxima semana

Este ano o pago do anticipo da PAC retrasouse en Galicia máis do habitual, pois ata a semana pasada non comenzaron os primeiros pagos, pero unha vez que arrancou o proceso, a intención que anuncia a Consellería do Medio Rural é a de abonar con prontitude os cartos da maioría de liñas. Para a próxima semana, está previsto que comece a abonarse o pago básico e o pago verde, así como as axudas a agricultores mozos/as e a pequenas explotacións.

O periodo de pago dos anticipos da PAC arranca o 15 de outubro de cada ano, se ben en Galicia esta campaña retrasouse ata a pasada semana, cando cobraron as primeiras axudas as granxas de leite. Esta semana está previsto que comecen a cobrar tamén as ganderías de carne e a partir da semana que vén irán xeneralizándose todos os pagos pendentes.

Europa marca que o periodo ordinario de pago da PAC é do 1 de decembro ata mediados do ano seguinte, se ben Medio Rural proxecta deixar abonadas en decembro boa parte das axudas.

PUBLICIDADE
Ver todas as noticias de desenvolvemento rural

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *