O Grupo Lactalis, o maior fabricante de produtos lácteos a nivel mundial, completou a certificación de 900 gandarías en benestar animal, converténdose así na empresa láctea española con máis granxas certificadas en benestar animal. Ademais, o equipo de campo de Lactalis regresa hoxe ao terreo, tras o relaxamento das medidas de confinamento, para seguir traballando co obxectivo de certificar en benestar animal a todos os seus gandeiros nos próximos dous anos.
O leite destas 900 granxas certificadas, situadas na súa práctica totalidade en Galicia, envasarase nas 2 fábricas que o Grupo Lactalis ten situadas nesta mesma comunidade, concretamente en Nadela e Vilalba.
A certificación Welfair™ avala ante os consumidores que o leite foi obtido de vacas que viven en condicións eticamente responsables de benestar, conforme aos protocolos establecidos nos proxectos europeos Welfare Quality e AWIN (Animal Welfare Indicators).
Welfair™ é actualmente a certificación máis rigorosa en España, que avalía catro principios básicos para o animal: a súa boa alimentación, a comodidade do aloxamento, a súa boa saúde e un comportamento axeitado. Desta maneira, non só se avalía a alimentación ou o espazo onde habitan senón tamén a súa saúde e mesmo o estado emocional do gando.
Esta certificación súmase ao esforzo do Grupo Lactalis por impulsar fórmulas máis sustentables de producir leite, que ten o seu máximo expoñente no leite ecolóxico, unha categoría de produto estratéxica para o Grupo Lactalis e da que foi pioneira hai máis de 20 anos. Actualmente colabora con 80 gandeiros e recolle 20 millóns de litros de leite eco ao ano.
Para Ignacio Elola, Conselleiro Delegado do Grupo Lactalis Iberia, “a certificación de benestar animal reforza o noso compromiso coa sociedade para producir leite de forma máis respectuosa co medio ambiente e os animais. Vimos demostrando o noso compromiso desde 1999 cando apostamos polo leite ecolóxico, que é a opción máis completa do mercado, porque aúna criterios de benestar animal e de pastoreo xunto cunha alimentación ecolóxica do gando”.
Fundado en Francia nos anos 30, o Grupo Lactalis é unha empresa familiar desde fai tres xeracións. Líder mundial dos produtos lácteos, o Grupo conta con 84.000 colaboradores, opera en máis de 260 fábricas en todo o mundo, está presente en 94 países.
En España, o Grupo Lactalis conta con 8 fábricas e 2.500 empregados. Ademais, adquire leite a nivel nacional a máis de 2.200 gandeiros. Entre os seus produtos atópanse marcas como Galbani, Président, Puleva, Lauki, RAM, El Castillo, Gran Capitán, Flor de Esgueva, El Ventero ou Chufi.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta