PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O grupo adegueiro Méndez-Rojo presenta Mar Del Norte Albariño D.O. Rías Baixas

mendez rojo mar del norteA familia adegueira Méndez-Rojo acaba de presentar o seu novo albariño, Mar Del Norte, elaborado na adega Vía Atlántica, situada en San Miguel de Tabagón – O Rosal. Esta adega, adquirida en 2020 e restaurada para a vendima de 2023, representa a realización dun soño longamente aloumiñado pola familia: converterse nun referente galego no mundo vinícola, elaborando viños que reflictan o mellor de cada Denominación de Orixe galega, como xa o fan con Vía Romana en Ribeira Sacra e Mil Ríos en Valdeorras.

Mar Del Norte é un albariño monovarietal 100% orixinario do Rosal, unha subzona da Denominación de Orixe Rías Baixas, coñecida polos seus viños plurivarietais.

Este viño destácase polo seu perfecto equilibrio entre acidez e grao alcohólico, o que o fai fácil de beber e moi versátil na gastronomía. O seu carácter fresco e moderno combínase coa tradición vinícola da rexión, ofrecendo un perfil vibrante e sedutor. “É un viño con personalidade que transmite o temperamento das costas galegas, arraigado no granito dos nosos chans, o clima especial da zona e a influencia do Atlántico,” describe Paula Carballada, directora técnica do grupo.

PUBLICIDADE

Lanzamento da Primeira Anada

Esta primeira anada de Mar Del Norte, que aspira a situarse entre os grandes albariños galegos, repousou en botella durante catro meses antes de saír ao mercado. Como aposta pola sustentabilidade e o respecto pola natureza, esta anada terá un gran compañeiro de expedición: Mar Del Norte ECO, con apenas 3.000 botellas.

Ademais, Mar Del Norte Albariño 2023 obtivo a medalla de ouro no prestixioso certame “International Wine & Spirits Awards”. A “Gold Medal” recoñece a distinción dos viños con puntuacións entre 90 e 94 puntos, destacando a súa superioridade e refinamiento.

Para máis información, visite www.mendezrojo.com

Ver todas as noticias de portada arriba dereita

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *