O agro presenta alegacións masivas contra o decreto de xurros
O Sindicato Labrego trasládalle ó Goberno unha proposta con 40 puntos a modificar do borrador da normativa. Unións Agrarias inicia unha campaña de sinaturas e ultima as súas alegacións
Campo Galego
1
Equipo inxector de xurros. / Arquivo.
O decreto de fertilización sostible que prepara o Ministerio de Agricultura está a xerar unha oposición unánime no agro galego. Estes días, todas as organizacións agrarias e as cooperativas ultiman as súas alegacións ó borrador da normativa. Así, o Sindicato Labrego anuncia que lle trasladará ó Goberno unha proposta con 40 puntos a modificar, en tanto Unións Agrarias inicia unha campaña de recollida de sinaturas contra a normativa e presentará as súas alegacións a próxima semana.
Estes movementos súmanse ás alegacións xa anunciadas por outras organizacións, como a Asociación Agraria de Galicia ou a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca). O malestar do agro céntrase nunha serie de puntos principais, como a aplicación das mesmas medidas a todo tipo de granxas, independentemente da especie que manexen e de se son intensivas sen terra ou extensivas.
Desde o Sindicato Labrego presentan unha serie de contrapropostas ó borrador da normativa para axeitala ás condicións de Galicia. Entre elas, figuran as seguintes:
PUBLICIDADE
Flexibilizar o decreto para as granxas ecolóxicas e pequenas explotacións familiares que practiquen unha agricultura sustentable, con uso tradicional de estercos ou traballo en zonas de alto valor natural.
Reducir as obrigas para os estercos, en comparación cos xurros, pois os estercos teñen menores perdas de amoniaco, maior contido de carbono orgánico e unha mineralización máis lenta.
Fixar maiores restriccións para as granxas que empreguen lodos de depuradora ou residuos da industria agroalimentaria. A organización agraria considera que os niveis de metais pesados permitidos para estes produtos son obsoletos, pois algunhas comunidades xa estableceron niveis máis restritivos.
Establecer unha normativa máis estrita para granxas sen terra, como as de porcino intensivas, pois son as responsables da maioría de emisións de amoniaco á atmósfera.
O Sindicato Labrego tamén pide que se teña en conta nos cálculos de emisións do Ministerio que un 61% das granxas de vacún de leite practican o pastoreo con parte do seu rabaño (vacas en produción, lotes de secas, xovencas, etc.). Este manexo xera unha menor emisión de gases á atmósfera, polo que debería ter menos restriccións, segundo a organización agraria.
Diferenciar as características edafoclimáticas dos distintos territorios do Estado, pois non todos teñen o mesmo tipo de solo e clima. Galicia, por exemplo, a diferenza da maioría das comunidades, non presenta zonas vulnerables ós nitratos agrícolas.
Reducir as obrigas burocráticas que introduciría o decreto, como obrigatoriedade de asesoramento para o abonado, inspección técnica de equipos, obriga de análises de solos e de xurros, restriccións ó amoreamento, etc. “Serían obrigas que afectarían a tódolos sectores agrogandeiros profesionais, desde unha pequena horta ata un cultivo de mazá de sidra” -cuestiona o Sindicato Labrego-. “De aprobarse o decreto, sería interesante ver como fan en zonas de orografía difícil, como a Ribeira Sacra, para amorear os estercos e enterralos nas 4 horas seguintes a súa aplicación”, ironizan.
Campaña de recollida de sinaturas
Unións Agrarias anuncia pola súa banda o inicio dunha campaña de recollida de sinaturas na súa rede de oficinas que se prolongará ata o 30 de outubro. En paralelo, a organización prepara para a semana a presentación dunha táboa de alegacións e propostas ó borrador do decreto.
A oposición anunciada por Unións comparte argumentos coas alegacións doutras organizacións, pois cuestiona o impacto da norma nas granxas de montaña, así como os cambios de maquinaria ós que obrigaría a esixencia de utilizar tubos colgantes ou inxectores para aplicar o xurro.
Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso del sitio web y mejorar la experiencia de navegación de los usuarios. Más información en la Política de cookies
Funcionales
Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de habilitar el uso de un servicio específico solicitado explícitamente por el suscriptor o usuario, o con el único propósito de realizar la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para el propósito legítimo de almacenar preferencias que no han sido solicitadas por el suscriptor o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario con el fin de enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
O que debían mirar e prohibir é botar nos prados eses xurros cheirentos que saen dos hospitais e que teñen materiais pesados