PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Novos cursos online sobre oportunidades de negocio e certificacións de calidade

As formacións, promovidas pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, comezarán o vindeiro mércores 24 de novembro

As actividades formativas serán online. Na imaxe de arquivo, un curso realizado de xeito presencial.

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) vén de anunciar o comezo de dous novos cursos sobre oportunidades de negocio e certificacións de calidade, que se enmarcan na programación 2022 da  Rede  Eusumo. A  Rede  Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

O vindeiro mércores, 24 de novembro, comeza o obradoiro “Emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio”, que é en liña e de balde para tódalas persoas interesadas. Desenvolverase en 5 xornadas (en novembro, os días 24, 26 e 29; en decembro, o día 1 e o 3, sempre de 10:00 a 13:00 h.): importancia social e económica do emprendemento, oportunidades de negocio, elaboración do plan emprendedor, fórmula cooperativa e axudas públicas e xeración de ideas.

Por outra banda, o 1 de decembro comeza un taller de teleformación titulado “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e ambientais” que termina o 14 de xaneiro. Realizarase nunha plataforma en liña de formación e o alumnado pode acceder aos contidos en calquera momento ata completar as tres unidades temáticas:  Cooperativismo no sector primario, Certificacións de calidade (ISO, GLOBALG.A. P.,  BRC/IFS e vacún de leite) e Certificacións de calidade ambientais (ISO, análise de ciclo de vida e pegadas de carbono e hídrica). A duración estimada pola AGACA é de 70 horas.

PUBLICIDADE

As persoas interesadas en calquera dos dous cursos poden matricularse en www.agaca.coop ou pedir información no 981 58 47 83.

Ver todas as noticias de desenvolvemento rural

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *