PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Novo récord anual de becerros carniceiros en Silleda

Estabilidade nos prezos do gando de recría e do vacún maior. Sen cambios as cotizacións avícolas, de porcino e coellos

A Lonxa de Silleda acadou novos récords anuais na categoría de becerros carniceiros. Esta semana entraron no recinto 140 animais, superando o tope anual, que se lograra a semana pasada con 119. Tamén foi a sesión co maior número de becerros adxudicados (121), polos 104 do 5 de abril. En volume de transaccións, con 88.000 euros, tamén se obtivo a mellor cifra do ano.

En canto ás outras categorías, a afluencia foi lixeiramente inferior á semana pasada, con 614 xatos de recría (por 690 a anterior sesión) e 189 vacas (por 242 na penúltima subasta). Os prezos mantivéronse estables. En recría, a media foi de 197 euros (por 191 a pasada semana), en tanto en vacún maior obtivéronse 684 euros por animal de media (por 664 a anterior sesión). En becerros carniceiros houbo unha lixeira baixada por segunda semana consecutiva: 730 euros de media polos 764 da anterior sesión e os máis de 800 de hai dúas semanas.

recria vacun

Mesas de prezos
En canto ás cotizacións marcadas nas mesas de prezos de Silleda, non se rexistraron cambios esta semana en ningún sector. Porcino cebado, leitóns, coellos, galiñas e ovos manteñen os prezos da pasada semana, sen cambios.

PUBLICIDADE

Máis información
Táboa das cotizacións completas da Lonxa de Silleda (9-8-2016)

Ver todas as noticias de carne

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *