PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Nova presidenta do Consello Regulador da DO. Ribeiro

Concha Iglesias Pousa presidenta DO Ribeiro 2Concepción Iglesias Pousa, a que até agora era vicepresidenta do Consello Regulador, foi elixida esta mañá presidenta en funcións do Consello Regulador da D.O. Ribeiro. Substitúe así a Juan M. Casares Gándara, quen dimitiu debido á súa incompatibilidade co seu recente cargo de deputado no Parlamento de Galicia.

O pleno do C.R.D.O. Ribeiro reuniuse hoxe en Ribadavia co obxectivo do nomeamento da presidencia da entidade. Os membros do mesmo elixiron por maioría de votos a Concha Iglesias, vicepresidenta do Consello Regulador, para facer fronte á presidencia do organismo.

Concha Iglesias Pousa, licenciada en Dereito, é tamén a vicepresidenta da Cooperativa Viña Costeira desde hai 13 anos. Está ligada ao sector vitivinícola como viticultora desde hai máis de 24 anos.

PUBLICIDADE
Ver todas as noticias de portada arriba dereita

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *