PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Nova baixada do porcino en Silleda

O porcino volveu baixar esta mañá na Central Agropecuaria de Galicia. As baixadas producíronse tanto no porco cebado como nos leitóns

A Central Agropecuaria de Galicia – Abanca abordou hoxe unha nova revisión dos prezos nas mesas de cotización do porcino, logo de que a actividade se retomase de xeito telemático a pasada semana. As negociacións para fixar o prezo semanal no porcino é a única actividade que se mantén na central agropecuaria dende que se decretara o estado de alarma por mor do coronavirus e se procedera á cancelación dos mercados de gando.

Esta semana nas mesas acordouse unha nova baixada xeralizada dos prezos en tódalas categorías, tanto dos animais cebados como dos bacoriños. No caso dos porcos cebados, os da categoría selecta e normal rexistraron unha baixada de 0,020 euros e pasan a cotizarse a 1,505 e 1,480 euros o quilo, respectivamente.

Para os animais da categoría de Canle II o prezo reduciuse 0,026 euros e cotízanse a 1,922 euros. Mentres, os porcos de desvelle son os únicos que se manteñen sen variacións e sitúanse nun intervalo de 0,84 e 0,9 euros por quilo.

PUBLICIDADE

Nos bacoriños de 20 quilos a baixada foi de 5 euros tanto para os animais procedentes dunha única granxa que se cotizan agora a 74 euros, como os chegados de varias ganderías que se sitúan nos 69 euros. Así, o prezo por quilo queda en 3,7 e 3,45 euros, respectivamente.

Na Lonxa de Madrid, o prezo do coello mantense sen variacións e sitúase a 1,95 euros o quilo.

 

Central-Agropecuaria-Porcino-Covi19-31_03_2020

Ver todas as noticias de carne

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *