PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Media de 2700 euros por animal na poxa de Rubia Galega celebrada en Pedrafita

O recinto feiral de Pedrafita do Cebreiro acolleu este domingo unha nova poxa de novelas de Raza Rubia Galega, impulsada polo Concello e a Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Gallega (ACRUGA).

A Deputación de Lugo presentou cinco exemplares procedentes da granxa de titularidade provincial a este certame, no que participaron gandeiros e gandeiras de diferentes explotacións da provincia e doutros lugares limítrofes, como León ou Asturias.

O prezo medio dos animais foi de 2.700€ e o animal que obtivo o maior prezo foi vendido por 3.000€.

PUBLICIDADE

Na cita, que reuniu a numeroso público, participaron o Alcalde da localidade, José Luis Raposo; a directora da Granxa Gayoso Castro da institución provincial, Sonia Verdes, e o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin.

Ver todas as noticias de carne

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *