PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Mazaricos prepárase para unha fin de semana gastronómica coa XXIV Festa do Bolo do Pote

Mazaricos recupera esta fin de semana a súa tradicional Festa do Bolo do Pote, o evento gastronómico anual por excelencia. A vixésimo cuarta edición desta festa celébrase entre o 4 e o 5 de marzo, incluíndo tanto a degustación do produto en carpa cuberta no campo da feira como xantares nos restaurantes do municipio.

A festa está organizada, un ano máis, polo Concello de Mazaricos. Colaboran na organización a Asociación de Amas de Casa El Hórreo, a Asociación de Veciños Monte Picoto e mais o restaurante e hotel Casa Jurjo.

O sábado 4 terán lugar -previa reserva- xantares e ceas de cocido e bolos do pote nos distintos locais participantes. Os establecementos deste ano son O Verxel, Restaurante Efe-Eme, Casa Jurjo, Pizzería Pinocchio, Asador Manduca, Campamento Corzón, O Curruncho dos López e Casa Pego. Ademais, colaboran a Taberna Casa Senra e mais o Café Bar Alborada. É recomendable reservar previamente en calquera dos locais. O prezo dos menús de bolo do pote, cocido, postre, viño e café será de 25 euros.

PUBLICIDADE

A festa arrinca o domingo 5 ás 13h co pasarrúas e concerto do Grupo de Gaitas de Mazaricos. A continuación terá lugar a degustación gratuíta dos bolos do pote na carpa do campo da feira, como se fixo sempre, e a degustación e xantar nos distintos locais. A partir das 15:30h terá lugar o pasarrúas pola Picota da Charanga Alambique.
O concelleiro de Promoción Económica, Jorge Sanmartín, sinalou que esta edición do bolo do pote será multitudinaria. “Había moita expectación polo regreso da festa e isto nótase no alto número de reservas que rexistraron dende que se anunciou esta edición nos distintos establecementos hosteleiros”, indica o edil.

Outras actividades

Se o tempo o permite, instalaranse inchables para que xogue a rapazada. Será entre ass 12:30h e as 15:15h, e entre as 16:15h e as 18:30h. Ademais, e para os amantes dos coches Minis, cadrando coa festa celebrarase unha Miniquedada Bolo do pote 2023.

Cartel Bolo do Pote XXIV

Ver todas as noticias de agroalimentación

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *