PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Malestar entre os veciños de Curtis polo estado do firme en que quedaron as pistas da parcelaria

A asociación veciñal de Fisteus trasladou ao Concello de Curtis o seu malestar polo estado en que quedaron as pistas que executou a Empresa de Transformación Agraria, S.A (Tragsa) recentemente na parcelaria da parroquia. Trátase da obra de apertura de 56 quilómetros de pistas que puxo en marcha a Consellería do Medio Rural coa concentración de terreos na zona.

Según os afectados, os áridos que se están a utilizar para a capa de rodadura nun 50% da rede viaria non son os aconsellables e non se adaptan á normativa, xa que a pizarra é un terzo máis grande do permitido para a rodadura.

Isto está a xerar malestar entre os veciños e veciñas destes núcleos rurais, xa que impide aos titulares das explotación gandeiras levar ao gando aos pastos e ademáis está provocando importantes danos na maquinaria e nos vehículos agrícolas.

PUBLICIDADE

Por todo isto, solicitaron ao Concello que se leve este asunto ao próximo pleno da corporación para, posteriormente, trasladar o acordo plenario á Consellería do Medio Rural e solicitar formalmente que se rectifiquen as obras realizadas.

A recente concentración parcelaria na parroquia de Fisteus é unha das maiores realizadas en Galicia. Afectou nada menos que 3.945 hectáreas, repartidas en 9.450 fincas e pertencentes a uns 1.900 propietarios, moitos deles xa desvinculados do campo ou que directamente xa non residen no municipio.

pistafisteus parcelaria curtis 1

Ver todas as noticias de desenvolvemento rural

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *