PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Máis de 20 animais de Finca Mouriscade poxaranse en Feiradeza este domingo

O domingo terá lugar a XV Poxa de Gando Frisón de Feiradeza na que os animais se porán á venda cun prezo de saída inferior aos 2.000 euros

A vaca da imaxe, Mouriscade Hondo Montana MB85, será unha das que se poxará. Cedida

Dentro da programación da XXXIX Feiradeza, o domingo terá lugar a XV Poxa de Gando Frisón ás 11:45 horas. A cita tamén se celebrará no Lalín Arena.

A poxa contará con máis de 20 animais procedentes de Finca Mouriscade e poranse á venda cun prezo de saída inferior aos 2.000 euros. Entre os animais hai varias primeiras recentemente paridas, vacas de segundos partos con familias MB ou EX e tamén exemplares de altas producións. Cabe puntualizar que nesta ocasión non é necesario realizar un rexistro previo para poxar.

Esta será a penúltima cita do evento, que concluirá coa entrega de premios e sorteos.

PUBLICIDADE
Ver todas as noticias de desenvolvemento rural

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *