PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Listado dos animais de raza Frisona que se poxarán este sábado en Chantada

Este sábado, 10 de marzo, ás 12 horas  terá lugar no mercado gandeiro de Chantada unha nova edición da poxa de vacas e xovencas de raza frisoa, organizada por Africor Lugo, o Concello de Chantada e a cooperativa Aira.

Velaquí o listado de animais que sairán a poxa:

LISTADO_POXA_CHANTADA

Dende a organización destacan que “esta é a primeira poxa do ano na provincia de Lugo, unha gran oportunidade para os gandeiros que desexen mercar animais, pois alí poderán ver e comparar varios animais, vacas paridas e xovenca próximas e escoller aqueles que mellor se adapten ás súas necesidades”. “Ademais, dispoñendo da información máis completa -datos de Libro Xenealóxico e Control Leiteiro- e con probas sanitarias realizadas”, engaden desde Africor Lugo.

PUBLICIDADE

Destacar tamén que Xenética Fontao obsequiará aos compradores con tres doses de ARMÓNICO e tres doses de CLUN por cada un dos animais adquiridos na poxa.

Ver todas as noticias de leite

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *