PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Listado de cursos para o carné de fitosanitarios programados pola Xunta

1

A Consellería de Medio Rural ven de remitir a Campo Galego un listado con 260 cursos programados para 2016 para a obtención do carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios. Boa parte deles son para a renovación do carné, tanto do nivel básico como do cualificado.

O programa de cursos concéntrase principalmente de febreiro a xuño nas catro provincias galegas. Dende a Consellería de Medio Rural matizan en todo caso que esta relación de 260 cursos “son os que están programados a día de hoxe”. “Pero a programación de cursos vai continuar, e serán máis os que se desenvolvan ao longo do ano, pero hai que ir programando de xeito progresivo estas accións formativas”. subliñan.

Podes descargar aquí un documento Excel cos 260 cursos programados pola Consellería a día de hoxe.

PUBLICIDADE

Descarga aquí o mesmo documento en PDF

Nesta ligazón atoparás os teléfonos de contacto das Oficinas Agrarias Comarcais, onde se impartirán a maior parte dos cursos.

Ver todas as noticias de agricultura

Publicacións relacionadas

12 respostas a “Listado de cursos para o carné de fitosanitarios programados pola Xunta”

  1. Pedro di:

    O que estaría ben saber (non encontrei información por ningures sobre isto) é que produtos se poden mercar sen o carnet, e as cantidades. Porque ao mellor algúns non necesitariamos o carnet, dígoo porque anda todo o mundo tolo porque di que non vai poder sulfatar.

  2. Jorge Lopez Morado di:

    Hola, eu preguntome como e o tema de a renovacion do carne de manipulador de productos fitosanitarios nivel basico,hay que pasar algun tipo de examen ou simplemente chega con facer algun tramite de papeleo?
    Como na convocatoria de cursos aparece algun que pon ,renovacion.

    • campogalego di:

      Boas tardes Jorge:

      O que di a lei é que: RENOVACIÓNS DE CARNÉ: No sucesivo, para obter a renovación do carné, será preciso:
      Para a renovación do carné BÁSICO, a realización dun curso de formación de 5 horas de duración: 3 de contido teórico e 2 de contido práctico.
      Estes son os cursos programados nos que pon renovación. Deberías chamar á oficina comarcal ou axente que o organice para que che concreten a data e inscribirte. Espero que che fora de axuda

      Saúdos

  3. Antonio Fernandez Garcia di:

    A estes cursos pode asistis calquera ou so profesionais?

  4. Eva González Lorenzo di:

    Para poder sulfatar as viñas para recoller viño para min, tamen teño que ter o carnet??

  5. jose di:

    Bos días: quería saber se os cursos estes de fitosanitarios programados pola Xunta hay que pagar algo a parte das tasas

  6. Jose di:

    Vivo en cangas de morrazo algue
    n sabe donde podo facelos e donde devo apuntarme o mais cerca posible

    • campogalego di:

      Bos días Jose´:

      No teu caso penso que o mellor é que chames á Oficina Agraria Comarcal da Cañiza, que é a que leva a comarca do Morrazo. Teléfono: 986 651 120

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *