
Africor Lugo fai un recoñecemento ás mellores ganderías da provincia no pasado ano 2017. O obxectivo é destacar a aquelas que traballan pola súa mellora, en busca duns animais máis rendibles para a produción de leite e á vez máis lonxevos, que permitan producir leite, de boa calidade, durante moito tempo.
As ganderías premiadas este ano como mellores nalgunha destas tres categorías son:
-Mellor gandería por media de cualificación: CASA DE BAIXO, de Sarria cunha media de 88,2 puntos
-Mellor gandería por media de produción: CASA CRESPO, de Lugo con 14.419 quilos de leite por vaca
-Mellor gandería por media de índices xenéticos: CASA COCHERO, de Guitiriz cun ICO de 2.657 puntos
Unha mención especial merecen as ganderías que destacan nos tres aspectos, así as ganderías que forman o grupo de mellores ganderías da provincia, son aquelas que están entre as cen mellores por produción, cualificación e índices xenéticos. A maiores, deben ter un intervalo entre partos e un reconto celular non superior á media da provincia. “Isto fai que sexan requisitos moi esixentes, o que abonda no mérito desta ganderías”, salientan dende Africor Lugo.
As ganderías premiadas como mellores da provincia son as seguintes:
|
Gandería |
Concello |
Cualificación morfolóxica
PUBLICIDADE
|
Produción por vaca |
Índices xenéticos |
| MASEDA | POL | 82,9 | 13.019 | 2.538 |
| BAIXO HOLSTEIN | SARRIA | 88,2 | 12.296 | 2.506 |
| TIO ANDRES | SARRIA | 82,7 | 12.577 | 2.397 |
| CASA DO REGO | LANCARA | 83,0 | 12.126 | 2.408 |
| VILAR DE SUSAO | SARRIA | 82,7 | 12.139 | 2.456 |
| CARREIRA | O INCIO | 82,2 | 12.626 | 2.290 |
| GRANJA SARA | LUGO | 82,1 | 11.947 | 2.347 |
| SAT LODOS E PEREZ | A PASTORIZA | 81,3 | 11.981 | 2.469 |
| TENDEIRO | O PARAMO | 81,9 | 11.788 | 2.280 |
Estas distincións serán entregadas o día 27 de abril en Lugo coincidindo coa celebración da asemblea da asociación.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta